Novas

martes, 07 de setembro de 2021

O Concello firma un convenio de colaboración co centro de día Oblatas ‘O Mencer’

O alcalde, Ángel Mato, e o coordinador da entidade, Roberto Ferreiro, formalizaron esta mañá o acordo, que recolle unha axuda municipal de 15.000 euros para o financiamento da reinserción social de mulleres en risco de exclusión


O Concello firma un convenio de colaboración co centro de día Oblatas ‘O Mencer’

 O alcalde de Ferrol, Ángel Mato, e o coordinador do centro de día Oblatas ‘O Mencer’, Roberto Ferreiro, formalizaron esta mañá no salón de plenos do pazo municipal un convenio de colaboración de 15.000 euros para o financiamento da reinserción social de mulleres en risco de exclusión. Ao acto acudiu a concelleira de Muller e Igualdade, Cristina Prados. 


Tras rubricar o documento, Mato agradeceu a Ferreiro o labor que desde hai tempo desenvolve o centro tanto na cidade como fora dela e indicou que o obxectivo do convenio é “manter o apoio do Concello a unha tarefa tan relevante como a que desenvolve O Mencer con mulleres en situación de vulnerabilidade”. O rexedor puntualizou que “é un traballo fundamental para lograr unha política social inclusiva” e incidiu na necesidade de que “os poderes públicos traballen para lograr a abolición da prostitución en España a través do marco lexislativo”. 

Pola súa banda, Ferreiro agradeceu ao Concello de Ferrol o seu apoio para axudar e acompañar ás mulleres en situación de prostitución e apuntou que “a pandemia aumentou aínda máis as súas dificultades e a súa situación de desamparo”.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar