Novas

martes, 07 de setembro de 2021

O Concello entregará os premios do XXI Certame Artístico de Poesía e Imaxe ‘En galego, sen filtro’ a comezos de outubro

A concelleira de Normalización Lingüística, Cristina Prados, trasladou á oposición en comisión informativa que resultaron seleccionados 26 traballos de 13 centro educativos


A concelleira de Normalización Lingüística, Cristina Prados, deu conta aos grupos da oposición na comisión informativa de área celebrada onte do XXI Certame Artístico de Poesía e Imaxe ‘En galego, sen filtro’, no que resultaron seleccionados un total de 26 traballos, dos que 10 son de educación primaria, 5 de ESO, 4 de educación infantil, 3 de bacharelato, 3 da modalidade audiovisual e 1 de ciclo formativo. Dos 26, catro traballos teñen autoría colectiva e 22 individual. 


A concelleira informou que o alumnado seleccionado pertence a 13 centros educativos da cidade: os IES Concepción Arenal, Fernando Esquio, Saturnino Montojo, Carvalho Calero, Sofía Casanova, Catabois e Ferrol Vello, CPI Atios, CPR Ludy, CEIP Juan de Lángara, CPR Belén, CEIP Pazos e o CPR Compañía de María. 

Prados anunciou que a entrega de premios terá lugar no centro cultural Torrente Ballester a comezos do mes de outubro. Cada autor recibirá unha reprodución en papel da súa obra en tamaño A3 e un libro de agasallo. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar