Novas

luns, 06 de setembro de 2021

O Concello reparte as axudas municipais á escolarización e de comedor a partir de mañá no Edificio Social

A concelleira de Benestar Social, Eva Martínez Montero, anunciou esta mañá que se concederon 431 axudas de 100 euros para a adquisición de material escolar e 235 becas que cubrirán a totalidade do custe das comidas nos centros


O Concello reparte as axudas municipais á escolarización e de comedor a partir de mañá no Edificio Social

O Concello de Ferrol, a través da concellería de Benestar Social, que dirixe Eva Martínez Montero, vén de anunciar que mañá mesmo, martes, comezará o reparto das axudas municipais de cara ao inicio do curso escolar, tal e como anunciou a concelleira esta mañá. Por un lado, as destinadas á adquisición de material escolar —incluído novas tecnoloxías vencelladas ao estudo— ou roupa deportiva, de 100 euros cada unha, e das que se beneficiarán 431 menores da cidade. Por outro, as axudas de comedor, que cobren a totalidade do custe das comidas dos escolares, das que se beneficiarán 235 menores da cidade. 


O horario para retirar as axudas é de 9 a 14 horas no Edificio Social (rúa Sánchez Barcáiztegui, 35). Tanto a listaxe definitiva das axudas á escolarización como as de comedor publicaranse na web municipal, no Taboleiro de Anuncios do Concello. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar