Novas

mércores, 01 de setembro de 2021

O centro municipal Torrente Ballester acollerá mañá a presentación dun libro sobre o ferrolán Juan Flórez, da xornalista Mercedes Puyol

O acto terá lugar ás 12 horas e contará coa presenza do alcalde de Ferrol, Ángel Mato


O centro cultural municipal Torrente Ballester acollerá mañá, 2 de setembro, ás 12 horas, a presentación do libro ‘Juan Flórez, el ferrolano que dejó atrás la Marola’, de Mercedes Puyol, nun acto ao que acudirá o alcalde de Ferrol, Ángel Mato, e Julia Díaz, presidenta do Club de Prensa de Ferrol.


O libro, editado polo Concello de Ferrol e o Club de Prensa coa colaboración da Deputación, publícase no 151º aniversario do falecemento do ferrolán (9 de xaneiro de 1977-2 de setembro de 1870), alcalde da cidade da Coruña en dúas ocasións tras abandonar a súa carreira militar e gran impulsor da rede ferroviaria en Galicia. 

O acto de presentación do libro contará coa presenza da autora. Puyol (Madrid, 1955) é licenciada en Filosofía e Letras e Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid e investigadora de varias figuras ferrolás. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar