Novas

mércores, 04 de agosto de 2021

O servizo de socorrismo nas praias resolveu 174 incidencias entre os meses de xuño e xullo

O concelleiro de Seguridade, Germán Costoya, deu conta dos servizos prestados nos nove areais con vixilancia


O servizo de socorrismo nas praias resolveu 174 incidencias entre os meses de xuño e xullo

 O servizo de socorrismo activado este verán polo Concello de Ferrol para prestar o servizo de vixilancia en nove praias do municipio —Caranza, A Graña, Penencia, Doniños, San Xurxo, Esmelle, Cobas, Ponzos e Santa Comba— desenvolveu un total de 174 incidencias no que va de verán, 8 en xuño e 166 en xullo. 


O concelleiro de Seguridade, Germán Costoya, deu conta aos grupos da oposición esta mañá durante a comisión informativa de Medio Ambiente, Urbanismo, Servizos, Obras, Seguridade e Contratación da tipoloxía dos servizos. Dos oito de xuño, un foi un rescate e o resto intervencións de enfermería entre cortes, roces e picaduras de insectos ou de faneca brava. Tres producíronse en San Xurxo, outras tres en Caranza e dous en Doniños, un deles o rescate. 

Das 166 intervencións do pasado mes de xullo, seis foron rescates e 160 actuacións na enfermería: 71 por picadura de faneca brava, 36 cortes, 10 por picadura de insectos, 9 traumatismo, máis de 20 intervencións por roces, picadas e contusións, seis por arena nos ollos, tres por desmaios e tres outras feridas e unha por alga. 

Por praias, cinco rescates foron en Esmelle e un en San Xurxo. Das 160 intervencións en enfermería, 61 foron en Doniños, a maioría por faneca brava e cortes; 21 en Santa Comba e 20 en San Xurxo, sobre todo tamén por picadura do pez; 16 en Covas; 12 en Caranza; 9 en Esmelle; 9 en A Graña, outras 9 en Ponzos e 3 en Penencia. O servizo de socorrismo estará activado ata finais de setembro. Este ano conta cun total de 57 socorristas, 12 máis que o pasado ano. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar