Novas

martes, 03 de agosto de 2021

O Concello licita o aglomerado da estrada Papoi-Mandiá

A Plataforma de Contratación publicou esta mañá o anuncio de licitación e o prazo para presentar ofertas remata o próximo 23 de agosto, ás 23.59 horas. A actuación afecta a unha superficie de 27.000 metros cadrados nunha lonxitude de 4 quilómetros entre o cruce de A Pedra (DP-3602) e o lugar de Cocheras (DP-3603). A intervención dará continuidade ao tramo xa aglomerado entre a estrada de Catabois e o cruce de A Pedra, sumando en total 5,5 quilómetros de novo aglomerado


 O Concello de Ferrol vén de publicar na Plataforma de Contratación do Sector Público o anuncio de licitación do aglomerado da estrada PapoiMandiá, incluídas no Plan de Obras e Servizos POS+2020 da Deputación. As ofertas presentaranse de forma electrónica con carácter exclusivo na plataforma ata o 23 de agosto, ás 23.59 horas. O orzamento do contrato ascende a 201.453,52 euros (con impostos). 


Os traballos consistirán no fresado do pavimento existente nas zonas deterioradas, recheo e focheo, selado do firme, limpeza das marxes e outros traballos. A actuación afecta a unha superficie de 27.000 metros cadrados en unha lonxitude de 4 quilómetros, entre o cruce de A Pedra (DP-3602) e o lugar de Cocheras (DP-3603). O camiño sitúase na parroquia de San Uxía de Mandiá e da continuidade ao tramo xa aglomerado entre a estrada de Catabois e o cruce de A Pedra, sumando entre ambas actuacións un total 5,5 quilómetros de aglomerado. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar