Novas

xoves, 22 de xullo de 2021

A concelleira de Benestar Social participa na entrega de diplomas dos programas de emprego da Fundación Secretariado Xitano

Eva Martínez Montero lembrou que a entidade recibe este ano do Concello unha achega de 5.000 euros para plans de apoio e reforzo escolar dirixidos a estudantes de secundaria


A concelleira de Benestar Social participa na entrega de diplomas dos programas de emprego da Fundación Secretariado Xitano

A concelleira de Benestar Social, Eva Martínez Montero, participou esta mañá no acto de entrega de diplomas dos programas de emprego impartidos pola Fundación Secretariado Xitano de Ferrol, dos que se beneficiaron 23 persoas a través de cursos de formación tanto presencial como online en diferentes empresas da contorna. No primeiro caso impartíronse ciclos de operario de loxística, con formación en carretilla elevadora e manipulación de alimentos, e no segundo sobre atención en charcutería, peixaría, limpeza e desinfección. 


A concelleira, na súa intervención, lembrou que a Fundación Secretariado Xitano recibiu o pasado ano por primeira vez unha axuda económica do Concello de Ferrol de 3.000 euros, que este 2021 o goberno local incrementa ata os 5.000. Coa achega a asociación “vai potenciar o plan ‘Promociona +’, un dos programas que desenvolve en colaboración co Concello dirixido ao acompañamento e apoio de estudantes de secundaria. “Para o goberno local é unha prioridade a integración deste colectivo”, recalcou. 

Martínez Montero apunto que a entidade é un “exemplo de traballo” para conseguir a plena integración sociolaboral “dun colectivo que lo ten especialmente complicado”. Por elo, dixo, “seguiremos colaborando con Secretariado Xitano a través dos programas do ámbito educativo posto que os resultados que estamos a lograr de forma conxunta son moi bos”, como é o caso, puntualizou, dos programas de reforzo escolar.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar