Novas

mércores, 09 de xuño de 2021

O Concello publica a listaxe definitiva dos 70 admitidos para a contratación de 57 socorristas

O concelleiro de Seguridade, Germán Costoya, apuntou que as probas en piscina desenvolveranse o próximo martes . A convocatoria municipal deste ano contempla contratar a 12 socorristas máis que o pasado verán


O Concello de Ferrol vén de publicar no seu Taboleiro de Anuncios, no enlace https://bit.ly/35gCAi9, a listaxe definitiva das persoas admitidas e excluídas no proceso de contratación temporal de 57 socorristas para as praias do municipio de cara á próxima tempada de verán. Presentáronse un total de 81 solicitudes, das que se admitiron 70 tras o período de subsanación de documentación.


Tal e como informou esta mañá o concelleiro de Seguridade, Germán Costoya, mañá terá lugar a constitución do tribunal e o martes da próxima semana celebraranse as probas de piscina. Unha vez publicada a listaxe das persoas que as superen, se comunicará o día para a proba teórica.

A convocatoria municipal deste ano contempla contratar a 12 socorristas máis que o pasado verán. Dos 57 postos, un será para coordinador de praias e nove para coordinadores de caseta. A principal labor do primeiro será a de organizar ao persoal asignado e planificar quendas e horarios. Será responsable do axeitado uso do equipamento facilitado aos socorristas, de ordenar o mantemento correcto das instalacións de salvamento, da supervisión do servizo nas praias e de actuar como principal interlocutor co Concello. Pola súa banda, os coordinadores de caseta deberán levar a cabo a organización diaria do persoal propio da caseta en colaboración co coordinador de praias, organizar os grupos de traballo e as tarefas de mantemento de caseta, revisar, distribuír e facer proposta de reposición do material e organizar simulacros e adestramentos, entre outras labores.

 Os socorristas desenvolverán labores de vixilancia e salvamento nas praias de Caranza, Doniños, A Fragata-O Vilar, San Xurxo, Esmelle, Penencia, Santa CombaMarmadeiro, Ponzos e A Graña.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar