Novas

martes, 08 de xuño de 2021

O alcalde dita un bando para regular as luminarias de San Xoán e San Pedro

O documento recolle que o tamaño máximo do lume será de catro metros de diámetro e tres de alto e deberá quedar apagada antes de abandonala


O alcalde de Ferrol, Ángel Mato, ditou onte un bando polo que se regula a realización das luminarias de San Xoán e San Pedro dos días 23 e 28 de xuño no ano 2021. As solicitudes faranse no Concello, no modelo de solicitude establecido, ata o día 21 a través do Rexistro Municipal ou a través do rexistro virtual (https://www.ferrol.gal:8443/cividas-core-web-ferrol/public/catalog-detail/8781159).


O bando, que xa está publicado no Taboleiro de Anuncios da web municipal, no enlace https://bit.ly/3uZxAIV, recolle as normas que se deberán respectar, as recollidas na lei 2/2021, de 29 de marzo, de medidas urxentes de prevención, contención e coordinación fronte á crise sanitaria ocasionada pola covid-19, así como o resto de normativa complementaria. Quedan prohibidas as fogueiras en terreos de dominio público e en terreos privados só se poderán congregar o número de persoas que as autoridades sanitarias permitan a través da normativa de aplicación nese momento.

A separación mínima á área de árbores e libre de combustible será, polo menos, de 15 metros a árbores de pequeno ou mediano porte; 25 metros a árbores de gran porte, tendidos eléctricos ou telefónicos, entre outros, e a 15 metros do mobiliario urbano.

A separación mínima á área de árbores e libre de combustible será, polo menos, de 15 metros a árbores de pequeno ou mediano porte; 25 metros a árbores de gran porte, tendidos eléctricos ou telefónicos, entre outros, e a 15 metros do mobiliario urbano.  

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar