Novas

martes, 08 de xuño de 2021

O Concello retoma as actividades presenciais na Casa da Muller cun obradoiro sobre os coidados a través de imaxes e relatos

A edil de Muller e Igualdade, Cristina Prados, apuntou que a iniciativa busca crear espazos comunitarios nos que abordar coa metodoloxía fotovoz “os coidados tanto cunha mesma como co resto de persoas e do noso entorno máis próximo”


O Concello vén de retomar as actividades de carácter presencial na Casa da Muller coa celebración do obradorio ‘Creación de espazos comunitarios’, unha actividade impulsada desde a concellería de Muller e Igualdade, que dirixe Cristina Prados, para abordar os coidados da muller á través da metodoloxía do fotovoz. A edil explicou esta mañá que o obradoiro desenvólvese en tres sesión de tres horas cada unha.


A concelleira trasladou esta mañá que a celebración da actividade “está a motivar moito ás nosas veciñas posto que ata agora as actividades se desenvolvían de xeito telemático” por mor da pandemia, aínda que, lembrou Prados, a atención tanto xurídica como psicolóxica ás usuarias da Casa da Muller non se interrompeu pola crise sanitaria posto que as consultas se fixeron telefónicamente.

O obxectivo do obradoiro, que comezou a finais de maio e rematará a mediados de xuño, é crear espazos comunitarios para mulleres no que abordar os coidados mediante a metodoloxía do fotovoz, un proceso sensibilizador, de intervención e acción comunitaria que trata os coidados desde a perspectiva feminina, explicou Prados, “tanto cunha mesma como co resto de persoas e do noso entorno máis próximo”. Así, a través de fotografías “cáptanse as preocupacións, visións e necesidades das mulleres”, apuntou a edil. Unha vez rematado o obradoiro elaborarase unha publicación cos relatos e imaxes obtidas “coa finalidade de sensibilizar e implicar a cidadanía de Ferrol na importancia nas aprendizaxes do grupo ao tempo que visibilizar os traballos de coidados que desenvolven as mulleres”.  

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar