Novas

martes, 01 de xuño de 2021

O Concello iniciou por Santa Icía o plan de rozas da zona rural

A concelleira de Servizos e Medio Ambiente, Ana Lamas, explicou que nestes momentos xa se traballa en Mandiá e que proximamente se comezará tamén en Marmancón


O Concello de Ferrol iniciou en Santa Icía o plan municipal de rozas na zona rural, continuando así os labores de mantemento de cara ao verán que dependen do departamento de Servizos e Medio Ambiente, dirixido pola concelleira Ana Lamas.


Logo de máis dunha semana de traballo, neste momento estas tarefas de mantemento xa se están a desenvolver en Mandiá, e proximamente comezarán en Marmancón. Despois, continuarán por Covas, Esmelle, San Xurxo, Doniños, Prioriño, Cariño, San Felipe-A Graña, Brión, Valón, A Cabana, Serantes e, por último, en San Pablo. O obxectivo destas tarefas, apuntou a edil, é “garantir a visibilidade e unha maior seguridade nos camiños e estradas de titularidade municipal”. 

Neste senso, Lamas sinalou que a intención do goberno local é “incluír estas intervencións de roza no futuro contrato municipal de limpeza”, no que o Concello leva tempo traballando. Deste xeito, o novo servizo contaría cunha brigada permanentemente dedicada a este tipo de actuacións, co que se incrementaría significativamente a capacidade do servizo para levar a cabo un mantemento óptimo.  

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar