Novas

martes, 01 de xuño de 2021

O Concello ultima a colocación das lousas de granito na rúa Espartero

O concelleiro de Urbanismo, Julián Reina, anunciou esta mañá que está previsto que a instalación deste material remate a mediados de mes. O edil trasladou que a intervención dinamizará unha vía que une “dous barrios históricos” da cidade: A Magdalena e Ferrol Vello


O Concello ultima a colocación das lousas de granito na rúa Espartero

O Concello de Ferrol está a ultimar a colocación das lousas de granito que contempla o proxecto de reurbanización da rúa Espartero, en Ferrol Vello, no tramo comprendido entre a estrada Alta do Porto e a rúa Baterías, onde se eliminaron as beirarrúas e está prevista unha pequena praza con dito material en plataforma única fronte á antiga fábrica de lapis, onde que xa se plantaron árbores. Cumpre así unhas condicións urbanísticas que, xunto coa intervención que o Concello está a levar a cabo na rúa Carmen Curuxeiras, tamén en Ferrol Vello, marcarán a nova tipoloxía do barrio. O concelleiro de Urbanismo, Julián Reina, anunciou esta mañá que está previsto que a colocación das lousas de granito remate a mediados do presente mes. Na actualidade, Emafesa está a rematar as acometidas en dito espazo. Trátase dunha intervención cofinanciable polo Fondo Europeo de Desarrollo Regional (Feder) no marco do Programa Operativo Plurirregional de España Feder 2014-2020 ao abeiro da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado (Edusi) “Ría de Ferrol, Cidade 2020”. O proxecto foi adxudicado por 473.830.78 euros e o financiamento corresponde nun 80 % aos fondos europeos e nun 20 % ao Concello.


Os traballos se están a centrar tanto neste primeiro tramo como no comprendido entre as rúas Baterías e Merce e o comezo do que va ata San Antonio, onde a configuración da rúa pasa tamén a unha plataforma única aínda que con diferente pavimento: lousas de granito para peóns e adoquín para vehículos. Aproveitaranse as lousas históricas na medida do posible e o novo material que se necesite será de similares características. Tamén se están a renovar as instalacións de saneamento e abastecemento de auga e se están a facer canalizacións para soterrar o tendido eléctrico. O proxecto contempla tamén a instalación do novo alumeado acorde co de Ferrol Vello.

Un nexo “entre dous barrios históricos da cidade” 
A intervención contempla a reurbanización de Espartero, no tramo entre San Antón e a estrada Alta do Porto. O proxecto forma parte dunha serie de actuacións que van dirixidas a revitalizar o barrio de Ferrol Vello, para que vaian da man aás iniciativas que se desenvolven no eido residencial coas que o Concello acomete nos espazos públicos.

A intención do gobernó local é seguir desenvolvendo as reurbanizacións que estaban previstas no Plan Especial de Ferrol Vello e darlle un pulo importante ao barrio ao tempo que impulsar a dinamización dunha rúa, a de Espartero, como “nexo entre dous barrios históricos” da cidade: A Magdalena e Ferrol Vello, apuntou o concelleiro. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar