Novas

martes, 04 de maio de 2021

O Concello pon ao dispor das oficinas de turismo e de establecementos hosteleiros un centenar de guías sobre o Camiño Inglés

A edil de Patrimonio Histórico, Eva Martínez Montero, recibiu o material da Asociación de Concellos do Camiño Inglés, da que Ferrol forma parte dende febreiro de 2019. Inclúen os principais recursos dos municipios polos que pasa o camiño, como museos, albergues, praias, a gastronomía máis popular e datos como o número de habitantes.


O Concello pon ao dispor das oficinas de turismo e de establecementos hosteleiros un centenar de guías sobre o Camiño Inglés

 O Concello de Ferrol vén de recibir da Asociación de Concello do Camiño Inglés un total de cen guías turísticas sobre o Camiño Inglés ‘20xvinte’, que recollen 20 interesantes visitas recomendadas por 20 persoas que coñecen e gozan do destino, tal e como explicou esta mañá a concelleira de Turismo e Promoción Económica, María Teresa Deus. Pola súa banda, a edil de Patrimonio Histórico, Eva Martínez Montero lembrou que o Concello de Ferrol forma parte da Asociación de Concello do Camiño Inglés desde febreiro de 2019.


O material poderase consultar nas Oficinas Municipais de Turismo de Ferrol, tanto na centrada na atención ao peregrino (Paseo Mariña, 6) como na da Praza de España. Tamén en establecementos hoteleiros “co fin de que visitantes e turistas poidan atopar información práctica sobre o percorrido e todo o que ofrece a súa contorna”. A guía ofrece os principais recursos dos municipios polos que pasa o camiño, como museos, albergues, praias, a gastronomía máis popular e datos como o número de habitantes.  

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar