Novas

sábado, 01 de maio de 2021

O Concello colabora con Cites Ferrol na dinamización da cidade con motivo do Día da Nai

A edil de Promoción Económica e Turismo, María Teresa Deus, indicou que mañá pola mañá, dentro da iniciativa “Ferrol, cidade aberta ás expresións”, instalaranse na Praza de Armas letras xigantes coa palabra ‘MAMÁ’ para invitar a facerse fotos


O Concello colabora con Cites Ferrol na dinamización da cidade con motivo do Día da Nai

Con motivo do Día da Nai, que se celebrará mañá, o Concello de Ferrol segue impulsando a dinamización da cidade, nesta ocasión no marco do proxecto ‘Ferrol, cidade aberta ás expresións’, de Cites Ferrol. Tal e como explicou a concelleira de Promoción Económica e Turismo, María Teresa Deus, o domingo 2 de maio pola mañá, de 11 a 14 horas, ao igual que sucedeu onte venres, a Praza de Armas contará cunhas letras xigantes de cor vermella coa palabra ‘MAMÁ’ que invitarán aos veciños de Ferrol a facerse fotos con elas e deixar así testemuña dunha data tan especial. Para esta acción, Cites Ferrol conta cunha aportación económica por parte da Administración local. Se as condicións meteorolóxicas son adversas, as letras colocaranse no palco da música do Cantón de Molíns. 


O obxectivo, indicou a edil, é “sumar iniciativas que dinamicen a nosa cidade e, polo tanto, tamén ao noso tecido económico, máis aínda neste difícil momento que estamos a vivir como consecuencia da pandemia”. Tanto a responsable de Promoción Económica e Turismo como a concelleira de Patrimonio Histórico, Eva Martínez Montero, visitaron xa as letras xigantes no día de onte. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar