Novas

xoves, 08 de abril de 2021

O pleno aproba por unanimidade enxalzar a figura e obra do arquitecto Rodolfo Ucha Piñeiro

A corporación tamén respaldou unha moción relativa á mellora da administración electrónica


O pleno extraordinario da corporación municipal celebrado esta tarde como continuación do de marzo, que se suspendeu ás doce da noite, comezou coa lectura por parte do alcalde, Ángel Mato, da declaración institucional en apoio ao colectivo xitano con motivo da celebración hoxe do Día Internacional do Pobo Xitano. 


A continuación abordáronse varias mocións. A primeira, a do grupo popular relativa á necesidade urxente de carga de traballo e modernización de Navantia, aprobouse cos votos en contra do BNG. 

A moción do grupo popular relativa a avanzar na accesibilidade cognitiva en edificios e espazos públicos para facilitar a autonomía das persoas con capacidades diversas, aprobouse por unanimidade. 

A moción do grupo municipal Ferrol en Común para a mellora da administración electrónica, aprobouse por unanimidade. 

A moción do grupo municipal socialista con motivo da presentación da proposición de lei integral para a igualdade de trato e a non discriminación, rexeitouse cos votos en contra do PP e FeC e cos votos a favor do PSOE e do BNG. 

A moción do grupo municipal popular relativa a enxalzar a figura e obra do arquitecto Rodolfo Ucha Piñeiro, aprobouse por unanimidade. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar