Novas

mércores, 07 de abril de 2021

O alcalde visita o dispositivo con motivo do inicio da vacinación en FIMO

Ángel Mato e o concelleiro de Seguridade e Tráfico, Germán Costoya, acudiron ao centro de control habilitado na instalación municipal para que a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) supervise o seu labor de apoio. O Concello instalou unha carpa e habilitou 250 prazas de estacionamento na explanada interior de FIMO destinadas ao uso das persoas que acoden a poñerse a vacina


O alcalde visita o dispositivo con motivo do inicio da vacinación en FIMO

O alcalde de Ferrol, Ángel Mato, acompañado polo concelleiro de Seguridade e Tráfico, Germán Costoya, acudiu esta mañá ás dependencias de FIMO con motivo do proceso de vacinación masiva que comezou hoxe na instalación municipal. Ambos puideron comprobar o uso da carpa instalada polo Concello para facilitar a espera dos veciños chamados a vacinarse e visitar o centro de control habilitado nunha das salas de FIMO para os labores de xestión e supervisión do apoio que está a desenvolver a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) de Ferrol.


Acceso libre ao aparcamento interior de FIMO para acudir á vacinación 
Para facilitar o acceso ao centro, o Concello, a través da concellería de Obras e Servizos, dirixida por Ana Lamas, acondicionou na explanada interior de FIMO un total de 250 prazas de estacionamento, 4 delas para persoas de mobilidade reducida. O acceso é libre para todas aquelas persoas que ao longo deste días acude á vacinación e se fai desde a mesma estrada da Malata. Tamén co fin de axudar á cidadanía no seu acceso ao proceso de vacinación, o Concello mantén activo o dispositivo especial posto en marcha para acompañar ás persoas que o necesiten a poñer a vacina, un servizo no que participa a AVPC e a Oficina Municipal de Voluntariado. Para solicitar esta asistencia pódese chamar ao número de teléfono de Protección Civil 981 320 000. 

O alcalde agradeceu esta mañá “o vital labor desenvolvida polos efectivos da AVPC de Ferrol” e destacou a “exemplar colaboración por parte da cidadanía para que estas xornadas de vacinación se desenvolvan da forma máis ordenada posible”.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar