martes, 06 de abril de 2021
Unha reparación na rede de abastecemento de auga obriga a cortar a subministración no Inferniño
O corte terá lugar o próximo xoves entre as 16 e as 21 horas
A empresa mixta de augas de Ferrol (Emafesa) informa que debido á necesidade de realizar unha reparación na rede de abastecemento é preciso realizar un corte na subministración de auga o vindeiro xoves, 8 de abril, dende as 16:00 horas ata as 21:00 horas. As zonas afectada serán a rúa Río Lérez (números impares), a travesía Inferniño e a rúa Inferniño.