martes, 06 de abril de 2021
O Concello outorga á Xunta licencia para rehabilitar cinco inmobles en Ferrol Vello no marco do Plan Rexurbe
O voceiro do goberno local e concelleiro de Urbanismo, Julián Reina, presidiu esta mañá a comisión asesora do plan especial de protección e rehabilitación do barrio. O edil informou que durante a pasada semana a Policía Local interpuxo 136 denuncias por incumprimentos da normativa covid, das que 70 foron por saltarse o toque de queda

O Concello de Ferrol vén de outorgar á Xunta de Galicia as licencias necesarias para rehabilitar un total de cinco inmobles no barrio de Ferrol Vello, no marco do Plan Rexurbe, tal e como anunciou esta mañá o voceiro do goberno local e concelleiro de Urbanismo, Julián Reina, tras presidir a comisión asesora do plan especial de protección e rehabilitación do barrio de Ferrol Vello. En total abordáronse seis proxectos, e un quedou pendente de subsanación. Neste punto Reina apuntou a “estreita colaboración” que existe entre o Concello e a Administración autonómica “co fin común de recuperar e revitalizar o barrio no que naceu a nosa cidade”.