Novas

sábado, 03 de abril de 2021

A reparación do afundimento do firme na rúa do Doutor Vázquez Cabrera, en Esteiro, próxima á súa finalización

O concelleiro de Urbanismo, Julián Reina; a edil de Obras, Ana Lamas, e a vicerreirora do campus de Esteiro, María Jesús Movilla, visitaron o lugar dos traballos, situado entre a Casa do Patín e o lateral da Escola Politécnica Superior


A reparación do afundimento do firme na rúa do Doutor Vázquez Cabrera, en Esteiro, próxima á súa finalización

A reparación da rúa do Doutor Vázquez Cabrera concluirá nas vindeiras semanas, logo de que a empresa municipal de augas solucionara un problema nas canalizacións que estaba a provocar o afundimento do terreo nun punto desta vía que atravesa o campus universitario de Esteiro. Así o explicaron técnicos de Emafesa en días pasados durante unha visita do concelleiro de Urbanismo, Julián Reina, e a edil de Obras, Ana Lamas, ao lugar. Reina e Lamas acudiron acompañados pola vicerreitora, María Jesús Movilla. Os tres mostraron a súa satisfacción por que a rúa se poida volver abrir ao tráfico unha vez que se repoña a capa de aglomerado. Rematado o firme, con formigón, esa é agora mesmo a única actuación pendente. 


Durante os últimos anos, a acción das augas foi provocando nese punto, situado entre a zona verde próxima á Casa do Patín e o lateral da Escola Politécnica Superior, unha depresión do terreo con efectos no pavimento que causaban problemas á circulación de vehículos. Esta reparación, levada a cabo por Emafesa a demanda do Concello, ten como obxectivo dar unha solución definitiva ao problema.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar