Novas

venres, 26 de febreiro de 2021

O alcalde e a conselleira de Igualdade firman un convenio de colaboración para o mantemento da Casa de Acollida de Ferrol por un importe de preto de 50.000 euros

No ano 2020 pasaron por ese centro municipal un total de 23 persoas, 11 delas mulleres e 12 menores de idade


O alcalde e a conselleira de Igualdade firman un convenio de colaboración para o mantemento da Casa de Acollida de Ferrol por un importe de preto de 50.000 euros

O alcalde de Ferrol, Ángel Mato, e a conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, firmaron esta mañá no salón de plenos do pazo municipal un convenio de colaboración para este ano por un importe de 49.950 euros para o para o mantemento da Casa de Acollida de Ferrol, que atende a mulleres vítimas de violencia de xénero. A continuación mantiveron unha reunión de traballo xunto coa concelleira de Igualdade e Muller, Cristina Prados. A visita da conselleira a Ferrol pechouse cunha visita ao Centro de Información á Muller (CIM), durante a que estivo acompañada pola edil. 


Tras a firma do convenio, o alcalde agradeceulle a María Jesús Lorenzana o seu “apoio” para o mantemento da Casa de Acollida de Ferrol, que no ano pasado 2020 “atendeu a 23 persoas, 11 mulleres e 12 menores de idade”, apuntou o rexedor, e engadiu que ten capacidade para acoller a 15 persoas ao mesmo tempo. A subvención, dixo, é “fundamental” para atender ás mulleres e familias “que viven nesta lacra que é a violencia de xénero”. 

Pola súa banda, a conselleira apuntou que o convenio firmado hoxe é un “magnífico exemplo da colaboración interadministrativa”, especialmente importante no eido da igualdade, e destacou o labor desenvolvido polos centros de información á muller. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar