Novas

sábado, 06 de xuño de 2020

O Concello entrega 1.900 máscaras protectoras aos comerciantes de Caranza

O goberno local iniciou a mediados de maio o reparto de equipos de protección individual entre os negocios da cidade. Xa as recibiron os locais de Ultramar Village e de CCA Ferrol A Magdalena e onte o concelleiro e voceiro Julián Reina entregou outro lote á presidenta da asociación veciñal do barrio


O Concello entrega 1.900 máscaras protectoras aos comerciantes de Caranza

O Concello de Ferrol iniciou a mediados de maio o reparto de equipos de protección individual (EPI) entre os comerciantes da cidade. En colaboración coas asociacións que aglutinan aos negocios deste sector e entidades veciñais, o goberno local está a facer chegar as máscaras protectoras aos propietarios dos establecementos a través da concellería de Seguridade, da que é titular Germán Costoya, e a de Promoción Económica, que dirixe María Teresa Deus. 


Na tarde de onte, Julián Reina, concelleiro de Urbanismo e voceiro do goberno local, entregou outras 1.900 máscaras protectoras á asociación de veciños de Caranza, que se repartirán entre os negocios do barrio. Xa no mes de maio recibíronas os comerciantes de Ultramar Village e do Centro Comercial Aberto Ferrol A Magdalena. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar