Novas

venres, 13 de xuño de 2014

O Concello de Ferrol continúa co proceso de selección de persoal para o servizo de socorrismo e vixilación de praias

Os aspirantes a cubrir as prazas de socorristas realizarán o vindeiro luns, día 16, unha proba física no areeiro de San Xurxo. Así mesmo, xa levaron a cabo a proba teórica e de reanimación cardiopulmonar (RCP).


A Concellería de Seguridade do Concello de Ferrol, que dirixe Pablo Cal Martínez, continúa cos preparativos para que o vindeiro 1 de xullo entre en funcionamento o servizo de vixilancia e socorrismo das praias do municipio. O vindeiro luns, día 16, celebraranse as probas físicas aos aspirantes a exercer de socorristas durante a tempada de praias. Estas probas levaranse a cabo na praia de San Xurxo a partir das 10.00 horas.


 

Esta proba combinada consistirá en carreira continua e nado libre. Os profesionais seleccionados velarán pola seguridade dos usuarios das zonas de baño nas praias de Doniños-Penencia, Covas, San Xurxo, Esmelle, Ponzos, Santa Comba, Caranza e A Graña. O servizo será prestado dende 1 de xullo até o 31 de agosto e en horario ininterrompido de 12:00 a 20:00 horas. A empresa Tragsatec será a encargada da prestación deste servizo de socorrismo e vixilancia nas praias do municipio ferrolán. En total, estarán disponibles 46 socorristas, de tal xeito que permanentemente no horario de vixilancia haberá distribuídos nos areeiros unha trintena de profesionais. Esta cifra poderá incrementarse en momentos puntuais por necesidades do servizo.



A proba práctica do vindeiro luns na praia de San Xurxo pecha o proceso de selección iniciado na xornada de onte xoves, cun exame teórico e unha práctica de reanimación cardiopulmonar que se desenvolveu no Centro Carvalho Calero.


Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar