04/06/2023 12:30
Thana e Deva viven lonxe una da outra: Thana vive en Mali, máis aló do deserto do Sahara. Deva vive en Asturias, moi preto do mar; pero non son moi diferentes, ata teñen a mesma idade. Unha noite, como un espello máxico, permítelles coñecerse e falar... Un espectáculo sobre a curiosidade e a imaxinación, sobre comunicarse para comprender outras formas de ver a vida: por moi diferentes que nos poidan parecer outros pobos, outras persoas, o que nos achega sempre é máis forte que o que nos distancia; só temos que deixarnos levar pola curiosidade e non polos prexuízos.
04/06/2023 19:00
.